Winterland, o novo concepto de festival aterra en Segovia

Winterland é un festival de música trap, techno e electónica que combina a música con experiencias en pistas de esquí e moitas máis actividades nos distintos recintos destinados ao festival de día e de noite. O festival fai unha declaración de intencións moi clara: «O público vivirá, da maneira máis épica posible, a mellor experiencia dentro do circuíto de festivais do país».

Winterland tradúcese en experiencias creadas a través da música, deportes e natureza. Ademais, como o seu propio nome indica, a experiencia será na época máis inusual para un festival: en pleno inverno, para poder así gozar dunha das contornas máis privilexiadas do país.


Winterland consegue unha unión perfecta entre a música, con djs de primeira liña tanto nacionais como internacionais, música trap, grupos emerxentes e performances únicos. É un non stop de experiencias para os consumidores que, tanto de día como de noite, poderán gozar dunha música inmellorable, unha espectacular posta en escena e unha aínda mellor produción visual. As sorpresas deste festival e a súa proposta artística están a se desvelar aos poucos, e é que o pasado xoves 4 de xullo anunciaron polas súas distintas canles que DJ Nano será un dos artistas que forme parte do festival.

Ademais, o sábado 6 de xullo Winterland non quixo perderse a multitudinaria festa do Orgullo Gai onde ocupou ás 2 da madrugada o escenario da Porta de Alcalá. Alí, proxectouse o Teaser Oficial de Winterland e, Cora Novoa, a Dj con máis dunha década de traxectoria confirmou as súas asistencia á primeira edición de Winterland. A artista fixo vibrar a Madrid cos seus ritmos únicos e achegou a esencia do festival para que todos gozasen dela. Música, deportes de inverno, natureza e festa, a combinación perfecta que seguro que non deixa indiferente a ninguén.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha