Xa á venda o novo single de Dj Frisco & Marcos Peón, «My Kisses»


Adesso Music, o selo discográfico do mítico dj e produtor internacional Junior Jack, saca á venda «My Kisses», o novo single de Dj Frisco e Marcos Peón xunto ao colombiano Dvit Bousa.

O novo single dos produtores galegos xa alcanzou o posto número 8 na lista de música House en Itunes Italia e o posto 44 da lista Dance dese mesmo país.

«My Kisses» é a quinta colaboración entre Frisco e Marcos con Dvit, co que ademais produciron varios remixes. Bousa está considerado como un dos produtores máis importantes do momento en Colombia.

Promo «My Kisses»

Moi pronto tamén sairá á venda un pack de remesturas realizadas por djs e produtores de renome internacional. Feito que denota o gran momento no que están Dj Frisco e Marcos Peón.

Nas súas últimas producións, Taibo e Peón, lograron situarse dentro do “circuíto” House mundial e as súas cancións foron incluídas en Charts e Listas de éxitos de países como Estados Unidos, España, México, Colombia, Reino Unido, Italia, Alemaña, Francia ou Canadá. Ademais recibiron o apoio nas súas producións de artistas internacionais da talla de Joachim Garraud, Djs From Mars, Leandro dá Silva, Nicola Fasano ou Silvio Carrano.