Xa chega o 17º Festival Ribeira Sacra

A música, o viño, a gastronomía e o patrimonio son os catro alicerces fundamentais que o Festival 17º Ribeira Sacra trae consigo do 18 ao 21 e do 27 ao 28 de xullo, dividido en dúas fins de semana con conceptos diferenciados: experiencias musicais para sentir o territorio e directos exclusivos en espazos patrimoniais. Tras o éxito conseguido nas dúas primeiras edicións, este ano o festival celebra a súa 3ª edición e aposta pola súa consolidación como unha das citas máis singulares do panorama de festivais da Península Ibérica.

Varios estilos dan forma á proposta musical de 17º Ribeira Sacra que conta con artistas de luxo, tanto nacionais como internacionais: Jonathan Wilson, Kevin Johansen, Jacobo Serra, Mcenroe, Enric Montefusco, Marem Ladson, Os inimigos, Soledad Vélez, 39 th & The Nortons, Champs, María José Llergo, Germán Díaz & Benxamín Otero, Allova, Delafé, Xeométrica, Cora Velasco, Alberto & García, Blanco Palamera, Vos amigos dous músicos ou Aldaolado.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha