Xa comezou en China o desenvolvemento da tecnoloxía 6G

1 minutes read

O Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía de China anunciou o establecemento dun equipo de traballo enfocado a investigar e desenvolver as redes de sexta xeración (6G) tan só uns días despois do lanzamento comercial do 5G no país, informan os medios locais chineses.

Por agora, explicou o viceministro da citada institución, Wang Xi, a investigación da tecnoloxía 6G “está aínda na fase inicial de exploración”, polo que aínda non se definiron claramente a indicadores clave e os seus escenarios de aplicación.

O Ministerio tamén puxo en marcha un grupo formado por 37 expertos de universidades, institutos de investigación e compañías tecnolóxicas para promover o desenvolvemento desta tecnoloxía e asesorar sobre as decisións que as autoridades teñan de tomar respecto diso.

A pesar de estar aínda na súa fase inicial, este fito marca oficialmente o pistoletazo de saída da investigación e o desenvolvemento (I+D) do 6G en China, aínda que en setembro o fundador do xigante das telecomunicacións Huawei -empresa con máis patentes relacionadas co 5G a nivel mundial-, Ren Zhengfei, revelara que a súa compañía xa estaba a investigar o 6G.