Xa é Nadal en Ponteceso | A vila de Pondal adiantouse a Vigo no acendido do alumeado

Cedida.

O Concello de Ponteceso é o primeiro da Costa da Morte en colocar e acender as luces de Nadal que, dende o pasado xoves, xa alumean as rúas da vila. Este ano optouse por un alumeado led totalmente novo e de baixo consumo.

Deste xeito, o Concello de Ponteceso,  quere dar a  benvida ao Nadal para aproveitar unha semana que vai a ser moi boa para as compras en todos os comercios da vila.

Tamén comeza unha temporada moi intensa para a hostalaría, con ceas de Nadal e con quedadas con amigos, polo cal o Concello empezou progresivamente a acender as luces de Nadal para animar as rúas máis comerciais do municipio.