Xa está á venda ‘Gloria’, o novo single de Dj Frisco e Marcos Peón xunto a Martina Budde 


O sadense DjFrisco e o lucense Marcos Peón colaboran de novo coa raíña do Jackin House, Martina Budde. Neste novo lanzamento volven apostar polos sons oitenteros con bases actuais que tan bo resultado están a dar nas pistas de baile máis selectas.

Nesta ocasión a formación hispano alemá atrevéronse a facer unha versión nin máis nin menos que o éxito de Umberto Tozzi, ”Gloria”. Track orixinal do ano 1.979 e polo que están a recibir uns feedbacks moi positivos de grandes produtores internacionais. Unha aposta segura coa que confían seguir nas listas de éxitos máis importantes de Europa e Latinoamérica. 

Track ‘Gloria’.

É a sexta colaboración entre os djs e produtores galegos coa artista de proxección internacional Martina Budde, que xa acumulan mais de 150.000 reproducións en Spotify. Nas súas últimas producións, Taibo e Peón, lograron situarse dentro do “circuíto” House mundial e as súas cancións foron incluídas en Charts e Listas de éxitos de países como Estados Unidos, España, México, Colombia, Reino Unido, Italia, Alemaña, Francia ou Canadá.

Ademais recibiron o apoio nas súas producións de artistas internacionais da talla de Joachim Garraud, Djs From Mars, Leandro da Silva, Fernandisco, Nicola Fasano, Stone Bridge, Paul Parsons, Michelle Weeks, Don Diablo, Lost Frequencies, Silvio Carrano ou Junior Jack.

Dj Frisco & Marcos Peón.