Xa está aquí outra edición da campaña de Nadal do CCA Carballo

2 minutes read

Este ano o slogan elixido é “o mellor nadal está ó teu lado” Un ano máis os comercios participantes están claramente identificados con lazos vermellos no seu exterior. Son 68 os establecementos asociados inscritos que con cada compra repartirán as papeletas que dan opción aos premios,

Nesta edición serán dous premios de 1.000 € cadanseu e unha paga extra de 300 € mensuais durante todo o ano 2024 (en todos os casos os premios son libres de impostos).

A campaña durará ata o día 6 de xaneiro de 2024 e o sorteo dos premios terá lugar o día 7 xaneiro.

As papeletas para participar no sorteo serán despachadas polos establecementos participantes con cada compra ou servizo demandado e, unha vez cumplimentadas co nome e un teléfono de contacto, depositaranse na casiña de nadal que forma parte do poboado navideño instalado no xardín municipal (zona da palmeira). O sorteo será público e as persoas gañadoras serán informadas no teléfono facilitado polos participantes no sorteo. As bases da campaña poderán consultarse en calquera dos establecementos participantes.

Dende o CCA queren manifestar o agradecemento do Centro Comercial Aberto Carballo a Nauterra (antes Grupo Calvo) pola confianza depositada na asociación.

Durante a campaña de nadal os traballadores desta gran empresa carballesa recibirán catro cheques, de 10 € cada un, que deberán consumir nos establecementos adheridos ao CCA Carballo.

Estes cheques serán o equivalente dun billete de 10 € cadanseu que se descontará na compra realizada ou servizo demandado en calquera do centenar de comercios asociados ao CCA Carballo.

Dende o CCA cren que esta decisión de Nauterra demostra unha vez máis a implicación co territorio e a veciñanza da conserveira carballesa en todas as ordes da vida xa sexa cultural, deportiva ou empresarial.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?