Xa está dispoñible a vacina da gripe nos centros de saúde

DPM.

En Galicia poderemos vacinarnos ata o 27 de decembro, Sanidade inicia esta campaña con 615.000 doses que se distrubuirán nun total de 900 puntos de vacinación espallados por toda a comunidade. Ademais dos grupos de risco habituais, este ano tamén se inclúen bebés prematuros e persoas con problemas de coagulación.

Galicia será a primeira autónoma en administrar nesta campaña unha vacina tetracelular a persoas de 15 a 64 anos con factores de risco. Trátase dunha vacina de última xeración que ofrece maior cobertura. Cómpre engadir que o Sergas vai contactar cos usuarios potenciais que, transcorrido un mes dende o inicio da campaña, aínda non pediran cita para vacinárense.