Coñecida como ‘o maior espectáculo do mundo’, a cidade de Dubái acollerá a uns 25 millóns de visitantes de todo o mundo durante 182 días. Oito meses despois do previsto inicialmente, a Expo 2020 de Dubái abriu as súas portas ao mundo baixo o lema ‘Conectar mentes, crear o futuro’. Trátase do maior acontecemento mundial desta envergadura que se celebra desde o comezo da pandemia de COVID-19.
A Expo 2020 de Dubái é a 35ª feira mundial dos últimos 170 anos, deseñada para mostrar ideas, inventos e innovacións que aborden os problemas do mundo. A cerimonia de apertura contou coa presenza do tenor, mundialmente famoso, Andrea Bocelli, a cantautora Ellie Goulding e a gañadora do premio Grammy Angelique Kidjo, entre outras moitas celebridades.
O evento, que se prolongará durante o próximos seis meses, conta coa participación de 192 países. Tres dos temas principais son: a sustentabilidade, a mobilidade e as oportunidades. Moitos eventos retransmitiranse en directo por Internet, pero a Expo segue esperando oficialmente atraer a máis visitantes que a anterior sede, Milán, xa que as restricións para poder viaxar suavízanse a nivel mundial.