Foron dúas iniciativas do Concello consolidadas na programación do Nadal que teñen como obxectivo contribuír a crear ambiente festivo, dinamizar a actividade económica e recoñecer o esforzo creativo tanto do comercio local como da veciñanza.
Entre ambos certames repártense un total de 3.000 euros en premios nas dúas categorías: ademais da valoración do xurado nomeado polo Concello, volveu ter un papel destacado a participación cidadá a través das votacións realizadas na páxina oficial de Facebook do Concello, que rexistraron preto de 3.900 reaccións positivas ás imaxes, unha mostra máis da boa acollida destas propostas e do interese que espertan cada ano.
A implicación do tecido comercial converteu os escaparates nun atractivo máis das rúas durante estas datas, así como a creatividade e dedicación das persoas participantes no certame de fachadas, balcóns e xardíns, contribuíndo entre todos a facer do Nadal un tempo de encontro, convivencia e identidade compartida.
30º Concurso de Escaparates
O primeiro premio da trixésima edición foi para o mesmo establecemento que o gañara no ano pasado. Agrotusset foi o escaparate mellor valorado polo xurado, e tamén logrou o segundo premio das redes sociais. En Facebook o comercio máis votado foi RPBarber. Neste certame repártense 1.800 euros en premios.
Valoración do xurado:
- 1º premio (500 euros): Agrotusset (Avenida Bergantiños, 2 A. Paiosaco).
- 2º premio (400 euros): Floristería Casbo (Avenida Bergantiños, 25. Paiosaco).
- 3º premio (300 euros): Florería Lilos (Rúa Santa Lucía, 65. A Laracha).
- 4º premio (200 euros): Agrícola Castiñeira (Avenida Doutor López Astray, 74. A Laracha)
- 5º premio (100 euros): RPBarber (Rúa Médico David Mallo Gómez, 8. A Laracha).
Votacións en Facebook:
- 1º premio (150 euros): RPBarber (Rúa Médico David Mallo Gómez, 8. A Laracha).
- 2º premio (100 euros): Agrotusset (Avenida Bergantiños, 2 A. Paiosaco).
- 3º premio (50 euros): Floristería Casbo (Avenida Bergantiños, 25. Paiosaco).
3º Concurso de Fachadas, Balcóns e Xardíns particulares
Neste certame repártense 1.200 euros en premios entre as dúas categorías do concurso.
Valoración do xurado:
- 1º premio (400 euros): Laura García Bestilleiro (A Cerdeira-Montemaior).
- 2º premio (300 euros): María del Carmen Regueira Tuset (A Areosa-Vilaño).
- 3º premio (200 euros): Estrella Calviño Rebón (Villamir-Soandres).
Votacións en Facebook:
- 1º premio (150 euros): María del Carmen Regueira Tuset (A Areosa-Vilaño).
- 2º premio (100 euros): Manuel Fuentes Esmorís (Estramil-Torás).
- 3º premio (50 euros): Laura García Bestilleiro (A Cerdeira-Montemaior).