A Dirección Xeral de Tráfico desactivará este verán a obriga de colocar os triángulos de sinalización de emerxencias en vías de alta capacidade, autovías e autoestradas. Toman esta decisión tras constatar que no pasado ano 2022 un total de 42 persoas foron vítimas de sinistros viarios por saír do coche. O director da DXT, Pere Navarro, destacou estes datos cos que quixo xustificar a decisión xa tomada e que entrará en vigor no período estival. Como alternativa a estes elementos temos a opción de colocar o sinal V16, que aínda que non será obrigatoria ata o 1 de xaneiro de 2026, é moi recomendable pois non é preciso saír do vehículo para colocala. O sinal V16 é «unha pequena baliza de cor amarela que está dotada de conectividade e é capaz de emitir unha luz 360º de alta intensidade de forma intermitente e continua polo menos durante 30 minutos», indican na páxina web da DXT.
43