Xa poden solicitarse as axudas para obter o carné de coche, camión e autobús 

1 minutes read

Estas axudas autonómicas van dirixidas á mocidade, de entre 18 e 30 anos, que non estean traballando, que poderán recibir entre 400 e 1300 euros para sufragar parte do custo que supón a consecución destes carnés de conducir. O prazo de solicitude está aberto dende este mércores ata o 30 de setembro. Nesta cuarta edición, tamén poden solicitar a axuda a rapazada que sacasen o carné no 2023 xa que o ano pasado non se convocaron estas achegas. Esta orde de axudas, á que se destinarán 800.000 €, implica promover medidas que vaian a facilitar que a mocidade acceda a un posto laboral estable e de calidade. 

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?