Xa podes inscribir a túa webserie na 10ª edición do Carballo Interplay

1 minutes read

Poderán presentarse a competición as series producidas entre os anos 2021 e 2023 que teñan un mínimo de 3 capítulos emitidos no momento da inscrición. Non hai límites de duración, temática, xénero, técnica ou procedencia. A data límite é o 20 de febreiro para que formalices a túa inscrición.

Premios:

  • Mellor serie: 800 euros e trofeo
  • Mellor serie versión orixinal en galego: 800 euros e trofeo
  • Premio do xurado novo: 400 euros e trofeo
  • Premio do público: 400 euros e trofeo
  • Premio ao mellor guión: 200 euros e trofeo
  • Premio á mellor dirección: 200 euros e trofeo

Tamén está aberto o prazo para o Premio a proxectos de serie en galego, que ten como obxectivo o fomento da difusión na internet de contidos audiovisuais orixinais en lingua galega. Se tes un proxecto en mente, ata o 13 de marzo podes inscribirte e gañar 3.000 euros para producir os tres primeiros capítulos da túa serie!.