Xa podes participar no novo programa de compostaxe de residuos domésticos de Carballo

Se estás disposto/a a comprometerte recibirás un “kit” que consta de un caldeiro de 10 litros de capacidade, tres atados de bolsas compostables, un tríptico informativo e unha chave para abrir o contedor da túa rúa. Para que teñas todas as facilidades para sumarte ao voluntariado marrón habilitarase un posto no Mercado de Abastos que estará aberto de luns a venres de 19.00 a 21.00 horas e os sábados de 11.30 a 13.30. De luns a venres polas mañás, de 10.00 a 14.00 horas, poderás achegarte ao local de Carballo Limpo situado nas galerías do “edificio Chinto”.

A campaña dirixida a familias complementarase con outra para os grandes produtores: bares, restaurantes, froitarías, peixarías… Neste caso realizaranse visitas porta a porta para establecer as condicións de participación máis axeitadas a cada establecemento.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha