31
O marisqueo de a pé volveu este luns á ría de Pontevedra, polo que as mariscadoras, máis dun cento, comezaron a extraer ameixa xaponesa tras unha longa parada provocada primero pola pandemia do coronavirus e despois pola presenza da toxina. Agora todos confían en que os prezos na lonxa compensen, polo menos en parte, o longo paro marisqueiro.