Xa se pode solicitar cita para facer a declaración da renda por teléfono

1 minutes read

Este martes 3 de maio deu comezo o prazo para solicitar cita para poder facer a declaración da renda por teléfono. Para pedir a cita hai varias posibilidades: a traves da web ou da app da Axencia Tributaria, por teléfono de servizo automático as 24 horas e tamén hai posibilidade de atención persoal. A Axencia Tributaria sinala o xoves como o primeiro día para efectuar as declaracións telefonicamente e o último o 30 de xuño, que é cando remata a campaña. A cita para facer a declaración de xeito presencial na Axencia Tributaria poderase pedir a partir do 26.  Toda a información en: sede.agenciatributaria.gob.es