Xa se poden mercar sen receita os autotests de antíxenos e anticorpos

0 minutes read

Calquera persoa pode adquirilos desde este xoves nas farmacias e realizalos, pero, no caso dos menores, é precisa supervisión dun adulto. En caso de resultado positivo, haberá que contactar de inmediato cos servizos médicos. Os farmacéuticos piden que se aproveite esta nova ferramenta, pero que se sigan ao pé da letra as instrucións dos autotests para que estes resulten eficaces na diagnose. Recomendan agardar cinco días desde que se produza o posible contaxio para realizar os tests, de xeito que sexan máis fiables. Tamén calculan que non haberá problemas de abastecemento aínda que se dispare a súa demanda.