Xa se poden reservar as entradas para a próxima función do Ciclo de Teatro de Ponteceso


A próxima representación do Ciclo de Teatro de Ponteceso será o vindeiro sábado, 12 de novembro ás 22:30 horas, coa obra “Conexión Pingüín” da compañía Culturactiva SCG. Para asistir á representación é preciso reservar as entradas contactando co Departamento de Cultura do Concello de Ponteceso (630 907 124) na mesma semana en que se representará o espectáculo, a partir deste luns 7 de novembro, ou unha hora antes da función.