Xa se poden solicitar as axudas á rehabilitación de vivenda no Camiño de Santiago

Desde este martes queda aberto o prazo para solicitar axudas á rehabilitación de vivendas nos concellos que se localizan na Área de Rehabilitación Integral (ARI) dos Camiños de Santiago, que poderán optar a unha subvención de ata 25.000 euros por inmoble. As actuacións subvencionables son as obras de mantemento a fin de adecuar os edificios á normativa vixente, aquelas coas que se mellore a eficiencia enerxética das vivendas, así como as que adapten as condicións de accesibilidade.

Así o anunciou o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García Porto, que visitaron en Mazaricos unha vivenda unifamiliar que recibiu unha axuda ao abeiro desta ARI en 2021.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha