Xa se poden solicitar as axudas para plans de emerxencia fronte á seca

1 minutes read

Nova orde de axudas da Xunta para que os concellos se doten de plans de emerxencia fronte á seca. O Goberno galego destinará 250.000 euros para que os municipios galegos se doten de medidas que garantan o abastecemento de auga.

A conselleira de Infraestruturas dixo que a día de hoxe non hai ningun concello galego que teña elaborado este plan, aínda que hai 20 que están en proceso e que poderían telos activos no mes de setembro.

O obxectivo é que o ano que vén 40 concellos conten con plans de emerxencia contra períodos de seca.

Declaracións da conselleira e Infraestructuras, Ethel Vázquez.