Xa son catro as navieiras que suspenden os roteiros polo mar Rojo

Catro grandes navieiras suspenderon xa os seus fretes polo mar Rojo tras os ataques dos hutíes do Iemen. Trátase das compañías MSC, CMA CGM, Maersk e Hapag-Lloyd. Os hutíes, que atacan os barcos en resposta á guerra de Gaza, alcanzaron nos últimos días varias embarcacións que se dirixían a Israel e a Arabia Saudita. A plataforma de transporte californiana Flexport calcula que a desviación dos roteiros polo cabo de Boa Esperanza non só encarece o transporte, senón que prolonga os traslados entre sete e dez días. A tensión no mar Rojo ameaza con provocar un serio problema no tráfico de mercadorías pola canle de Suez. En marzo do 2021, o portacontedores ‘Ever Given’ provocou un serio problema nas cadeas globais de subministración ao quedar bloqueado na canle de Suez, polo que circula o 10% das mercadorías do mundo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha