Xabier Díaz ofreceu un curso de pandeireta na Cidade da Cultura

A Cidade da Cultura de Galicia ofreceu este sábado un obradoiro de balde de pandeireta co músico Xabier Díaz, galardoado este ano xunto ás Adufeiras de Salitre co Premio Martín Códax da Música 2020 na categoría Tradicional. Trátase dun dos profesionais máis prestixiosos da música de raíz de Galicia, recoñecido tamén polo seu rigoroso traballo de investigación e recuperación.

O obradoiro de pandeireta de Xabier Díaz celebrouse no Museo Centro Gaiás en dúas quendas de 15 persoas para cumprir coas medidas de seguridade sanitaria e distancia social marcadas pola situación actual da covid-19.

Cada grupo recibiu unha formación de tres horas de técnicas de pandeireta que inclúe man, puño, riscados e repertorio tradicional co obxecto de que nesta clase se aprendan as técnicas básicas, así como que as persoas participantes poidan afondar un pouco máis no repertorio tradicional deste instrumento.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha