«Xacobeo de 5.000 días» o mellor da nosa historia

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, convidou este luns aos galegos a ser partícipes na organización dun “Xacobeo de 5.000 días” que permita, aseverou, amosar a mellor Galicia da nosa historia.

Logo da reunión da Comisión Organizadora do Xacobeo 2021, Feijóo subliñou que tras 11 anos sen haber ano santo, nos vindeiros 11 celebraranse tres, unha circunstancia que animou a converter nunha oportunidade, abrindo unha era xacobea que comece desde xa mesmo e que non remate o 31 de decembro de 2021, senón que se prolongue nos seguintes anos ata conectarnos coa década seguinte. “E sendo capaces, durante todo ese tempo –precisou-, de que Galicia sexa un epicentro internacional no que amosarnos desde o punto de vista cultural e turístico, coa repercusión social e económica”.

Durante a súa intervención, Feijóo fixo fincapé en que o máis importante é que non se trata dun proxecto para un ano illado, senón que se trata dun proxecto que comeza desde este momento e cun horizonte que mira a 2027 e 2032, os seguintes anos santos. Deste xeito, recordou que a situación é semellante á que se viviu no seu día co Xacobeo 93; “e, por iso, debemos poñer o mesmo interese e a mesma implicación para lograr que volva ser un novo punto de inflexión na nosa historia”, recalcou.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha