Xadrecistas da Baña, Negreira e Portomouro participaron nun torneo provincial en liña

Foto.- Cedida.

Mozos e mozas xadrecistas da Baña, Negreira e Portomouro conformaron o equipo que se alzou coa vitoria no I Torneo Provincial de Xogade de Xadrez, celebrado a través de Internet. O equipo Xadrez Negreira, no que participaban os veciños da Baña Sergio, Noel e Álvaro, logrou o primeiro posto na categoría Sub 10.

Arredor de 150 nenos e nenas da provincia da Coruña participaron neste torneo en liña provincial en dúas categorías, Sub 10 e Sub 14. A primeira das modalidades disputouse nunha fase única, mentres que a Sub 14 tivo unha primeira fase e unha fase final, na que se enfrontaron de maneira directa os primeiros catro clasificados. O torneo disputouse a través da páxina web lichess.org que, aínda que é gratuíta, precisa inscrición previa.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha