Xan Fernández Carrera, pregoeiro da Praza dos Libros de Carballo

1 minutes read
  • Desenvolverase do 7 ao 10 de xullo no xardín municipal

A Praza dos Libros volverá a encher de cultura o xardín municipal de Carballo do 7 ao 10 de xullo. Despois de dous anos de ausencia debido á pandemia, a feira da creatividade cultural regresa a vila carballesa co seu formato habitual pero cunha imaxe renovada e con moitas novidades que se irán desvelando durante as próximas semanas.

Este ano recupéranse nomes propios que xa formaban parte do programa deseñado para a edición do 2020 como o do escritor e mestre Xan Fernández Carrera, que será pregoeiro.

Colabora Fundación Luis Calvo Sanz.