Xan García denuncia o estado do Porto de Fisterra


O edil de Converxencia Galega en Fisterra, Xan García ven de denunciar o estado actual da zona portuaria da localidade. 

García Pouso esíxelle a Portos as obras de reparación da zona para evitar que repercuta na actividade principalmente hostaleira de cara ao verán. 

O concelleiro pensa na convocatoria de manifestacións e láiase de que a situación non chegue a estar solventada de cara a outro dos periodos importantes na vila, como é a Semana Santa.