‘Xanelas abertas’, unha iniciativa do Concello de Malpica que aposta pola cultura durante o confinamento

Peirao de Malpica_Cedida

  • A través desta actividade, a veciñanza poderá enviar pinturas e debuxos, que posteriormente conformarán unha exposición

O Concello de Malpica propón a iniciativa ‘Xanelas abertas’ para finalizar o compendio cultural proposto durante o estado de alarma. A través desta actividade, a veciñanza poderá enviar pinturas e debuxos, que posteriormente conformarán unha exposición en lembranza da crise sanitaria que estamos a vivir.

Con “Xanelas abertas”, impulsada desde a concellería de Cultura do Concello de Malpica, buscouse darlle valor a un elemento vertebrador da nosa sociedade: a cultura. «Trátase da guinda a unha serie de traballos previos non só para manternos ocupadas durante o confinamento, senón tamén para resaltar o valor da cultura e de crear recordos, que nos conforman como sociedade ao fin e ao cabo”, sinalou a concelleira de Cultura, Leticia Varela.

Cartel «Xanelas abertas»_Concello de Malpica

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha