Xantar na Casa chegará a preto de 2.000 fogares de persoas maiores este 2022


Así o dixo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tras unha visita en Silleda ás cociñas onde se elaboran os menús desta iniciativa, Feijóo aseverou que este servizo contará ademais con diversas novidades que permitirán reforzar a prevención da soidade non desexada. Deste xeito, avanzou que o persoal reportará aos servizos sociais calquera anomalía que detecte nos fogares; ofrecerase a posibilidade de instalar sensores que detecten a apertura e peche da neveira ou o tempo de uso do microondas, co fin de identificar o deterioro na persoa maior; e adaptaranse os menús á gastronomía de cada recuncho da comunidade. Así mesmo, o Xantar na Casa, polo que os usuarios pagan 1,76 euros por cada menú -outro tanto é sufragado por cada concello e o resto cúbreo a Xunta- será cada vez máis sustentable a nivel ambiental, con recipientes reciclables e compostables. Nos últimos dous anos este programa reforzou a súa presenza, chegando aos 1.700 usuarios.