Xapón fornecerá gas natural licuado a Europa

Acordo entre Xapón e a Unión Europa no marco da crise en Ucraína. Tokio anunciou este mércores a súa decisión de enviar parte das súas reservas de gas natural licuado a Europa, coa intención de evitar a falta de subministración en varios países ante posibles decisións de Rusia. Espérase que a partir do próximo mes os envíos se fagan efectivos. O anuncio xaponés responde á petición non só de Europa senón tamén de Estados Unidos para que os asiáticos asistisen enerxéticamente a Europa durante o que queda de inverno. E é que é importante estar previdos, xa que ata o 40 por cento do gas natural licuado que importa a Unión Europea procede de Rusia. E iso non é todo. Se falamos do cru, a cantidade non é tan alta pero si moi importante. Un terzo do que usan os países membros chega do problemático socio comercial do leste.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha