A sociedade xaponesa segue conmocionada pola morte do ex primeiro ministro ShinzoAbe, tiroteado por detrás mentres ofrecía un mitin na cidade de Nara, no oeste do país. Achegados e espontáneos velaron nas últimas horas ao mandatario nipón, mentres continúa a investigación para coñecer os motivos do seu asasinato a mans dun exmilitar. O crime, fixo que as autoridades xaponesas analicen o dispositivo de seguridade despregado en actos electorais como o que foi escenario do atentado mortal contra Abe. O coche que transportaba o corpo de Abe chegou á súa residencia de Tokio pasadas as 13.30 (4.00 GMT, dúas horas máis na España peninsular), unhas sete horas e media despois de partir do hospital de Nara, ao que foi trasladado e onde se lle someteu á autopsia e demais procedementos pertinentes. Segundo os facultativos, un dos proxectís alcanzou unha arteria do exmandatario, que faleceu desangrado aos 67 anos. As declaracións do arrestado foron ata o de agora confusas e a policía segue coas súas pescudas. Yamagami desmentiría o móbil político do crime, pero dixo gardarlle rancor a Abe polos seus supostos vínculos cunha organización relixiosa á que acusa de arruinar á súa nai a través de doazóns.
39