Aberta a inscrición na xornada do turismo sobre o Parque Nacional das Illas Atlánticas

2 minutes read

Esta acción formativa, que terá lugar os vindeiros días 23 e 24 de maio, está dirixida a profesionais do eido turístico como técnicos, informadores, guías ou persoal de organismos e entidades que estean en contacto con potenciais visitantes do parque. O primeiro día trataranse cuestións teóricas a través dun webinario que concluirá cunha proba tipo test. A segunda xornada desenvolverase na illa de Sálvora, onde se contrastarán de xeito práctico os contidos abordados o día anterior.

De feito, para obter o certificado oficial de asistencia será obrigatorio ter asistido á totalidade da formación e ter superado o test de coñecementos básicos sobre o parque nacional.

O obxectivo deste curso é facilitar aos asistentes ferramentas e recursos que lles permitan proporcionar aos visitantes deste espazo natural a información máis actualizada posible sobre aspectos como os servizos, a normativa ou a súa xestión así como crear unha canle de comunicación co parque para intercambiar suxestións e actuacións de mellora na área da súa competencia.

A maiores, ademais de transmitir coñecementos sobre os valores naturais e culturais deste espazo protexido, durante a xornada tamén se incidirá na necesidade de conservar e protexer esa riqueza ambiental e patrimonial e na importancia de trasladarlla aos visitantes.

Nesta edición habilítanse 40 prazas, das que 10 estarán reservadas inicialmente para aqueles participantes nas edicións comprendidas entre 2006 e 2013 –ambas inclusive- e que estean interesados en actualizar a información sobre os recursos, equipamentos e xestión do uso público.

As persoas interesadas en participar na xornada poden obter máis información e descargar o formulario de inscrición no apartado de actividades e participación da páxina web do parque natural.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?