XEAL e a Fundación Fernando Blanco de Lema renovan a súa colaboración

1 minutes read

A Presidenta da Fundación Fernando Blanco de Lema, Chelo Trillo, e a Directora Corporativa de Xallas Electricidad y Aleaciones (XEAL), María Couto, reuníronse para asinar un novo convenio de colaboración entre ambas entidades, renovando así o compromiso adquirido o ano anterior cando Xeal entrou a formar parte da Rede de Patrocinadores da Fundación.
Para María Couto, de XEAL, “trátase dunha contribución que responde ao compromiso cos criterios ASG (Ambientais, Sociais e de Bo Goberno Corporativo) e á nosa Responsabilidade Social Corporativa, os cales, como é coñecido, aplicamos dende que comezamos a nosa actividade. Neste contexto, a sinatura destes acordos é de gran importancia para XEAL porque apoiar iniciativas relacionadas co mantemento da actividade cultural y coa formación das novas xeracións ten un enorme valor para a compañía, xa que nos permite contribuír e formar parte do crecemento da nosa comarca”, concluíu.
Pola súa parte, a Presidenta da Fundación Fernando Blanco de Lema, Chelo Trillo, quixo destacar de novo o apoio de XEAL ao longo dos anos como impulsora da Fundación, agradecer á compañía a renovación deste compromiso tan importante para a mesma, o cal é, sen dúbida, un claro recoñecemento ao traballo desenvolvido pola Fundación ao longo da súa dilatada historia e, por suposto, no momento actual, puntualizou.