“Xeitos de ver: Construíndo masculinidades positivas”, a nova exposición fotográfica do Pazo da Cultura de Carballo

Pazo da Cultura Carballo_Carballo.org

  • A exposición poderá visitarse desde o 21 de novembro ao 10 de decembro

O vindeiro xoves 21 de novembro, o Alcalde do Concello de Carballo, Evencio Ferrero, e a Concelleira de Igualdade e Benestar, Maica Ures, inauguran a exposición fotográfica “Xeitos de ver: Construíndo masculinidades positivas”.

O acto comezará ás 12:00 horas no Pazo da Cultura e tamén asistirán Rosaura Romo Hernández, Responsable do Programa Reincorpora da Fundación Érguete-Integración e outro persoal da entidade.

Esta exposición é o resultado do Taller de Fotografía e Igualdade, impartido por Fundación Érguete-Integración a doce persoas usuarias da entidade e que contou coa financiación do Concello da Coruña. Poderá visitarse desde o 21 de novembro ata o 10 de decembro.

Un completo proceso de aprendizaxe
O proxecto “Xeitos de Ver” naceu para dotar a este grupo de persoas das ferramentas e recursos necesarios para que elas mesmas sexan capaces de detectar aqueles comportamentos, elementos simbólicos ou mobiliario urbano que continúan no día a día reproducindo roles e estereotipos de xénero, e que polo tanto manteñen vixente o machismo e a violencia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha