Xeracións de palilleiras, adegueiras e músicas no acto oficial do 8-M

1 minutes read

O acto institucional principal este 8M estivo protagonizado por tres xeracións de mulleres dos sectores da artesanía, o viño e a música. Palilleiras de Camariñas, adegueiras de Ourense e músicas de Mos acompañaron ao presidente da Xunta no acto celebrado este martes na Cidade da Cultura de Galicia.

As familias Mouzo, Vázquez e Senlle explicaron en primeira persoa as súas experiencias e as diferenzas entre o mundo que viviron as avoas e o que agora afrontan as súas netas. Para elas este 8-M é un día de festa pero tamén de loita.

O presidente da Xunta lembrou alí que saíu a información pública o proxecto da lei galega de igualdade que, segundo el, situará Galicia na vangarda da loita contra a discriminación de xénero. Non pode haber diferenzas entre partidos nin ideoloxías. Sen a plena igualdade non é posible avanzar cara a un mundo mellor.