37
A Xunta de Galicia adxudicou cinco novas parcelas de solo empresarial con bonificación nos parques empresariais de Carballo, Ponte Caldelas e Santiago de Compostela.
En total as parcelas adxudicadas suman 15.784 metros cadrados, con bonificacións por importe de 566.719,84 euros.
No parque empresarial de Bértoa, en Carballo, Xestur adxudicou dúas parcelas, cun total de 3.216 metros cadrados, cunha bonificación de máis de 125.000 euros.
As empresas que adquiriron solo nestas superficies son do sector da madeira e do automóbil, do transporte de mercadorías e de almacenaxe agrícola.