Xestur porá en marcha as obras de electrificación do parque empresarial de Morás, en Arteixo

A empresa pública Xestur Galicia licitará as obras de electrificación do parque empresarial de Morás, no Concello de Arteixo; despois de que o Consello de Administración autorizara a contratación de ditas obras.

A licitación realizarase por un importe de 1.146.678,95 euros e o prazo de execución fixado no contrato de licitación é de tres meses.

Por outra parte, o Consello de Administración de Xestur tamén adxudicou o contrato para o control de calidade das conexións exteriores do parque empresarial. O contrato foi adxudicado á empresa CYE- Control y Estudios S.L. por importe de 14.157,80 euros.

Cómpre recordar que a comezos de marzo, Xestur tamén adxudicou as obras de explanación de seis plataformas no parque empresarial de Morás, así como o control de calidade de dita obra, por un importe total de máis de 1,68 millóns de euros.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha