Xesús Fraga, María Canosa, Alba Cid e Laura Romero, na Feira do libro de Bos Aires

1 minutes read

Os escritores Xesús Fraga e María Canosa e a ilustradora Laura Romero protagonizan a programación deste venres na Feira Internacional de Bos Aires, que estes días pon o foco nas actividades profesionais de promoción no recinto feiral e no público escolar para fomentar e divulgar a literatura galega entre os lectores máis novos.

En concreto, a escritora e divulgadora cultural María Canosa ofreceu unha conversa co alumnado de primeiro curso de secundaria do Colexio Santiago Apóstol no que falou da súa obra, das súas fontes de inspiración e dos personaxes a quen dá voz e por que. O acto contou coa presenza do secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo.

Súmase ás actividades levadas a cabo pola poeta galardoada co Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández, Alba Cid, cun recital comentado da súa obra Atlas no mesmo centro educativo, onde nos vindeiros días tamén participarán o Premio Nacional de Narrativa e xornalista Xesús Fraga, e a ilustradora Laura Romero. Tamén se están a realizar actividades de promoción da literatura galega en colaboración coa Federación de Sociedades Gallegas de Argentina.