Segundo os medios estatais de China, o presidente do xigante asiático, Xi-Jimping, falou por teléfono co seu homólogo ucraíno, Volodímir Zelenski. O presidente de Ucraína confirmou a noticia a través de Twitter, cualificando a charla como longa e significativa. Este afirmou que tanto esta chamada, como o nomeamento do embaixador de Ucraína en China, darán un poderoso impulso ao desenvolvemento das súas relacións bilaterais. Pola súa banda, o presidente de China díxolle a Zelenski que o seu país sempre estivo do bando da paz e insistiu en que a «negociación» é a única saída ao conflito. A Casa Branca pronunciouse respecto diso e celebrou este achegamento entre China e Ucraína, describíndoo como unha «boa noticia».