XII Travesía Sisargas Malpica | Este domingo

1 minutes read

Este venres, no paseo da praia de Malpica presentouse a proba XII Travesía Sisargas de Malpica. Ó evento asistiron Eduardo Parga, alcalde de Malpica, Daniel Gamón, organizador da proba, Alfredo Cañizo, tenente alcalde de Malpica de Bergantiños e os concelleiros Miguel Ángel Fernández e Noelia Freijeiro, e Pedro Rodríguez Pose, membro da  Cruz Vermella de Malpica. 

Parga, invitou a todos a visitar Malpica a animar os deportistas e a gozar de Malpica. Daniel Gamón, explicou que do porto de Malpica saen 60 nadadores da proba do campionato galego e que os barcos participantes será O Adrina, O Castelao e o Pasa Aquí. Na proba participarán 210 nadadores.

A XII edición da competición de nado vén con novidades xa que terá tres percorridos:

Illas Sisargas – Malpica: 4,2 quilómetros

Porto – Praia: 2,5 quilómetros

Praia – Praia: 1 quilómetros

O Concello de Malpica colabora na organización da Travesía, na que tamén están implicadas a Confraría de Pescadores de Malpica, a Deputación da Coruña, Cruz Vermella e a Agrupación Provincial de Protección Civil de Malpica.

Será unha nova xornada deportiva na que Malpica estará chea de deportividade e animación. Dende o Concello animan a ir a animar aos deportistas, a gozar das paisaxes e da gastronomía.