XIII Marcha BTT Polas Cabeiras do Anllóns | 24 de setembro na Laracha

0 minutes read

Un ano máis, dende o clube Laracha En Dúas Rodas queren convidarvos a súa marcha BTT, a «XIII Marcha BTT Polas Cabeiras do Anllóns». Que será o vindeiro 24 de setembro na Laracha.

Este ano como novidade engaden unha nova distancia apta pa todos os públicos. Poderedes escoller entre tres percorridos,
– Un Largo de 51Km e 1350m desnivel+ aprox.
– Un medio de 43km 1100 m desnivel+ aprox.
– Un corto de 23km e 450m desnivel+ aprox

As inscricións serán en championchipnorte.com ata o mércores 20 de setembro ás 23:59 horas.