O secretario xeral do PSPV-PSOE, Ximo Puig, asegurou este domingo que o nome da persoa que debe sucederlle á fronte dos socialistas valencianos é «unha cuestión que van decidir os militantes» e non desvelou se a súa marcha do liderado supoñerá tamén a súa saída da política. Puig fixo estas declaracións tras anunciar un día antes que dará «un paso atrás» e convocará un congreso extraordinario que designe a outro líder no primeiro trimestre do ano. «Este é un proxecto que me gustaría que continuase pensando cara a fóra e non cara dentro», dixo, á vez que engadiu que teñen que «restablecer o proxecto con novas ideas». O aínda lider do PSPV-PSOE lembrou que, a pesar de que nas últimas eleccións autonómicas a súa formación alcanzou «o mellor resultado en 23 anos», non puido manterse á fronte do Goberno valenciano «porque outras forzas coas que había que pactar non alcanzaron o resultado previsto».