En representación do balonmán galego, ademáis de Escolas Balonmán Xiria, estivo o Club Balonmano Porriño, S.D. Teucro e Balonmán Cangas polo estamento de clubes, Bruno López como presidente da Federación Galega, África Sempere polo estamento de xogadores/as e Irene Vilaboa, José Ignacio Prades e Javier Fernández polo estamento de adestradores/as.
Escolas Balonmán Xiria estivo presente na Asamblea Xeral da RFEBM que tivo lugar este sábado en Guadalaxara. Dada e excepcional situación que vivimos pola crise sanitaria, facilitouse a conexión telemática dos asambleístas que así o desexaron, onde se dou o visto e prace á unha Liga Asobal de 34 xornadas, de todos contra todos.
Primeira Nacional Masculina
Aquí manterase a estrutura de competición da Tempada 2019/2020: 96 equipos distribuídos en seis grupos de 16 equipos cada un, cun sistema de liga regular a dobre volta de 30 xornadas. Os dous primeiros de cada grupo pasan a unha fase de ascenso, composta por tres grupos de 4 equipos cada un. Na devandita fase, en formato todos contra todos a un tempo volta, ascenderá o campión de cada grupo -3 equipos-. Descenderán os dous equipos peor clasificados de cada grupo, facendo un total de 12.
A asociación de clubs e a Federación chegaron ao consenso de permitir unha competición na que todos os equipos xogasen contra todos a dobre volta. A RFEBM cedeu na súa pretensión de impoñer un modelo de competición dividido en dous grupos e con dúas fases. O día anterior alcanzouse a un acordo coa Asobal para que a fórmula tradicional dunha liga regular fose a que se presentase á súa votación á asemblea federativa.
Os clubs membros da asociación enviaron esta semana un escrito á RFEBM no que, aínda que había un par de equipos que eran partidarios de reducir o número de partidos a través dun formato de dous grupos, mostraban a súa unidade en apoio dunha competición de 34 xornadas na campaña 2020-21. E é que este ano, a Asobal contará con 18 equipos, pois non houbo descensos e si subiron os dous mellores equipos da División de Honra Prata, o Cisne e o Villa de Aranda. Iso supón que a próxima campaña descenderán nada menos que catro conxuntos. O calendario aprobado fixa o inicio da liga Asobal o 5 de setembro. Unha semana despois comezará a División de Honra Feminina. A Copa do Rey xogaríase do 5 ao 7 de marzo e a da Raíña, do 23 ao 25 de abril.
CANDIDATO Á REELECCIÓN
Finalizada a Asemblea Xeral Ordinaria, Francisco V. Blázquez anunciou a súa intención de presentarse á reelección á presidencia da Real Federación Española de Balonmán. Desta forma, a próxima podería ser a súa terceira lexislatura á fronte do ente federativo.