Xiria organiza unha viaxe ao XXII Campionato Mundial de Balonmán

2 minutes read
  • Será unha viaxe programada o 27 de xullo para asistir á xornada de semifinais en Pontevedra

Estes días estase a celebrar o XXII Campionato Mundial de Balonmán en categoría junior masculina. Os partidos repártense en dúas sedes, o Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra e As Travesas de Vigo.

A competición desenvolvese en varias fases. A primeira está formada por catro grupos de 6 equipos e serán entre o 16 e o 22 de xullo. Para os oitavos de final clasifícanse os dous primeiros de cada grupo e os partidos serán o día 24 de xullo. Os cuartos de final serán o 25 de xullo e as semifinais o 27. A gran final e a loita polo bronce será o día 28 de xullo. Os partidos distribuiranse entre Pontevedra e Vigo en cada unha das fases, salvo as semifinais que serán en Pontevedra e as finais que serán en Vigo.

Dende as Escolas de Balonmán Xiria teñen unha viaxe programada para asistir á xornada de semifinais en Pontevedra o día 27. Con saída de Carballo ás 16.00 e retorno ás 12 da noite (a primeira semifinal comeza ás 18.00 e a segunda ás 20.30).

O prezo da entrada é de 27 € e o custe do desprazamentos é de 5 €, polo que o custe da viaxe será de 32 €. Os menores de 14 anos acompañados entran de balde, polo que so terán que pagar 5 € pola viaxe. Se estás interesado en participar envía unha mensaxe a balonmanxiria@gmail.com ou un whatsapp ao 639 030 904 achegando o xustificante de pago e os detalles da túa reserva (nome das persoas que viaxan e teléfono de contacto) antes das 21.00 do luns 22 de xullo. O ingreso podes realizalo na conta do club:
ES95 2080 5353 7930 4002 9268.