- Será este sábado, durante todo o día, no pavillón deportivo
O pavillón deportivo de Vimianzo acollerá este sábado a XIV Xuntanza de Palilleiras, un evento a Asociación de Palilleiras ‘As Nemanquiñas’ volve a retomar despois do parón do pasado ano.
A xornada desenvolverase de 10:30 a 19:00 horas, cun xantar de confraternización ás 13:30 horas. Desde o Concello animan a veciños e turistas a que se pasen por este evento no que xa hai 400 artesás confirmadas de toda Galicia.