O grupo folk carballés Xocaloma decidiu retomar o camiño da música con un novo reto, a formación que naceu no ano 1978 decide volver aos escenarios “como din por aí” dos que nunca deberon baixarse, pero xa se sabe que os avatares da vida, nalgún momento, fan que as cousas non sigan o seu curso habitual. Aínda que non están todos os do inicio, si están quenes puxeron interés e gañas de que Xocaloma teña aínda moito que cantar.
A formación actual está composta por: Dores Platas Penedo, voz solista. Joaquina Ávila Cotado, voz e coros. Fernando Fidalgo Cerviño, voz. Juan Cancela Calvelo, guitarras e coros. Juan Carlos Díaz del Valle, guitarras e voz, e Jorge Campos Vázquez, voz e percusión.
Parabéns pola iniciativa e os nosos desexos de éxito, impacientes estamos por volver a vibrar e sentir as bonitas e entrañables melodías da man desta formación carballesa. Máis cedo que tarde, informaremos das súas próximas actuacións.