Enmarcada dentro do programa eu quero Razo-Baldaio será a denominada primeira Festa da Praia. Unha festa, de 12 a 15 horas, aberta a todas as familias, sen necesidade de inscrición, especialmente pensada para dinamizar o tempo de ocio dos máis pequenos e pequenas da casa con diferentes actividades:
Obradoiro chef solar: espazo de exposición-demostración de distintos produtos feitos en cociñas solares. Con 10 modelos diferentes, entre fornos solares, cociñas parabólicas, funil-panel e os últimos modelos de Go-Sun, principios básicos da cociña solar e o seu manexo, ademais realizarase unha exposición sobre a cocción solar e unha reflexión sobre a crise climática, enerxética e social.
Ubuntu xogos: espazo lúdico familiar e interxeracional, con 25 xogos de todo tipo.
Circus magníficus: escola de pre-circo, con zona de equilibrios, malabares, diábolo, pratos chinos.
Tamén haberá animación musical e unha carpa por se chove.