Xornada 19 de Terceira División Grupo 1, Bergantiños gaña, Paiosaco empata


  • O técnico do Bergantiños FC, Borja Facal, foi cesado.

Tras a celebración dos partidos de fútbol correspondentes á Xornada 19 de Terceira División Grupo 1, o Bergantiños logrou unha nova vitoria na casa fronte ao Choco por 2-1, e sae dos postos de descenso, aínda que de pouco lle servíu ao técnico laxense Borja Facal que foi igualmente cesado. A partir de agora faise cargo do equipo o adestrador santiagués José Luís Lemos Ameneiro, quen afirma sentirse moi motivado en Carballo, esperando que os resultados lle acompañen. Pola súa banda o UD Paiosaco-Hierros empatou 0-0 na casa do Polvorín FC , xa non é pechacancelas, pero a melloría é pequena.

Resultados Xornada 19.
Clasificación tras a Xornada 19.