Xornada con partidos importantes para os equipos do Basket Xiria

Cedida.

CALVO BASKET XIRIA xogarase nestes dous últimos encontros o posto final na clasificación, unha vez confirmada a súa presenza na fase final da ascenso. Este domingo viaxa a Vigo, para xogar contra o Seis do Nadal (ás 16:30 horas no Pavillón de Navia), nun dificil encontro a priori, visto o partido en Carballo dos vigueses. Pero os carballeses están coa moral moi alta e gañas de resercirse da derrota e intentarán acabar a victoria ante un equipo que esta demostrando un gran potencial. Xa na vindeira semana en Carballo, xogarán o derradeiro partido contra o Obradoiro USC.

As sénior feminino DIMOLK BASKET XIRIA ARTAI, que veñen de gañar pola mínina en Cee, ó EESS Bazarra Costa da Morte, intentarán unha nova vitoria que as consolide nos postos altos da clasificación, para así enfrentarse as dúas ultimas xornadas cunha traxectoria en alza e moi positiva. O partido xogarase en Carballo o Domingo 27 ás 12:00 horas no Pavillón Vila de Noia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha