Xornada de convivencia do CB Laracha en Lugo este domingo 19

1 minutes read
  • Contará coa colaboración do Concello da Laracha, as persoas que desexen asistir teñen transporte gratuíto e un cincuenta por cento de desconto no prezo das entradas

O Concello colabora co Club Baloncesto Laracha na organización da xornada de convivencia que a entidade deportiva realizará en Lugo o vindeiro domingo aproveitando a celebración do encontro de Liga Iberdrola (primeira categoría nacional) de baloncesto feminino que disputará o Ensino Lugo contra o Uni Girona, actual campión do torneo da regularidade.
En primeiro lugar haberá, no Pazo dos Deportes de Lugo ás 15:00 e ás 16:00 horas, encontros amigables entre os conxuntos alevín e cadete feminino do C.B. Laracha e do Ensino. O partido da máxima categoría disputarase a partir das 18:00 horas, ao que as xogadoras e corpos técnicos dos equipos laracheses están convidados a asistir como público.
Para o transporte o Concello fretará un autobús que sairá desde A Laracha ás 13:00 horas en dirección a Lugo. As prazas vacantes ofrécense ao público en xeral para viaxar de xeito gratuíto e asistir ao partido entre o Ensino Lugo e o Uni Girona aboando unicamente cinco euros, cun desconto do cincuenta por cento no prezo da entrada. Para os menores de 16 anos de idade a entrada é gratuíta. O regreso será despois do partido, con chegada á Laracha prevista en torno ás 21:00 horas.
As persoas que estean interesadas deben reservar a súa praza no Concello.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?