Xornada de derbi para o Calvo Xiria

Partido de ida.

O Calvo Xiria visitará ó Oar Coruña o sábado ás 19:00 no Pavillón San Francisco Javier. Loita polo terceiro posto da táboa na que comparten os mesmos puntos neste momento da competición. Un partido sempre difícil e igualado ao que se lle suma esta vez a loita polos postos altos da clasificación. O Calvo Xiria seguirá contando coa baixa de Álex Gómez por unha escordadura de nocello e volverá a contar coa participación dalgúns dos xogadores xuvenís que pouco a pouco van buscando un oco no primeiro equipo.